martes, 11 de enero de 2011


SUEROTERAPIA - FLUIDOTERAPIA

Sueroterapia: tratamento consistente na administración de sueros co fin de restablecer o equilibrio hidroelectrolítico.
Fluidoterapia: método terapéutico co fin de manter ou restaurar de maneira intravenosa o volume e composición normal dos fluídos corporales.

Ten 4 obxectivos principais:
1- Repor as perdas de líquido e electrolitos. O obxectivo fundamental do médico de urxencias.
2- Aportar as necesidades mínimas diarias de auga e electrolitos:
30-35 ml/Kg/día auga, aproximadamente 2.000-300ml/día
1-2 mEq/Kg/día sodio, o habitual é aportar 50-150 mEq/día NaCl
0,5 mEq/Kg/día potasio, se administra de 40-60 mEq/día de potasio sempre que a función renal sexa normal.
3- Compensar as pérdidas de líquido anormales que se producen durante a estancia hospitalaria (balance).
4- Realizar unha nutrición adecuada, cas necesidades calóricas en forma de hidratos de carbono, grasas, aminoácidos e vitaminas. Necesidades mínimas no adulto: 1.000 calorías/día.

Principais indicacións:
-hipovolemia
-depleción fluído extracelular
-depleción acuosa (disminución do balance hídrico)
-depleción salina
-hipernatremia

Solucións da terapia intravenosa:

1.Solucións de cristaloides: úsanse para o tratamento de alteracións electrolíticas (hipernatremia), deshidratación hipertónica e ante a sospeita de hipoglucemia.
-Solución salina isotónica: suero fisiológico ó 0´9%.
-Solución salina hipertónica: suero fisiolóxico ó 3%.
-Solución glucosada isotónica: suero glucosado ó 5%
Indicacións: en deshidratacións hipertónicas (por sudación ou falta de inxesta de líquidos), tamén é un axente aportador de enerxía (aporte calórico: 200Kcal) e un protector hepático.
-Solución glucosada hipertónica: glucosados ó 10% (400 Kcal/l), 20% (800 Kcal/l), 30% (1200 Kcal/l),50% (2000 Kcal/l) "glucosmón" e 70% (2800 Kcal /l).


-Solución glucosalina: - glucosa 3´3% + NaCl 0´3%
- glucosa 5% + NaCl 0´9%
-Solución polielectrolítica de Ringer Lactato: é preferencia cando necesitamos administrar cantidades masivas de solucións de cristaloides porque ten menos cloro e polo tanto menos probabilidade de causar acidosis.
-Solución alcalinizantes: para tratamento da acidosis metabólica.
-bicarbonato 1 Molar
-bicarbonato 1/6 Molar
-Lactato sódico (contraindicado en insuficiencia hepática así como hiperlactasemia).
-Solución acidificantes:
-cloruro amónico 1/6 Molar: para o tratamiento da alcalosis hipoclorémica, contraindicada en insuficiencia hepática e a administración rápida pode producir bradicardia, alteracións respiratorias e contraccións musculares.

2.Solucións coloidais:
-Albúmina: derivado plasmático máis seguro desde o punto de vista da transmisión de enfermedades infecciosas coñecidas. Pode ser ó 20 % (1-2ml por minuto) ou o 5% (5ml por minuto)Indicacións: hipovolemia (cando coloides e cristaloides están contraindicadas) e hipoalbuminemia(albúmina < 20g/l),
.
-Fraccións proteicas de plasma humano: propiedades similares á albúmina, as súas ventaxas son a súa doada manufacturación e a gran cantidade de proteínas que aporta.
-Solucións coloidais artificiais:
-Dextranos
-Pentaalmidón
-Hidroxietil-almidón (HEA)
-Derivados da xelatina

Cálculo da velocidade de perfusión en sueroterapia

1ml = 1cc = 20 gotas = 60 microgotas

nºgotas por minuto = volume para administrar en cc x 20 gotas / tempo de perfusión en minutos.

nº micro gotas por minuto = volume para administrar en cc x 60 micro gotas / tempo de perfusión en minutos.

No hay comentarios: