domingo, 10 de febrero de 2008

RESUCITACIÓN CARDIOPULMONAR BÁSICA

RCP

RCP refírese a reanimación cardiopulmonar. É un procedemento de emerxencia para salvar vidas que se utiliza cando a persoa deixou de respirar ou o corazón cesou de palpitar, como nos casos dun shock eléctrico ou afogamento.
A RCP é unha combinación de respiración boca a boca, que suministra osíxeno ós pulmóns da víctima, e compresións pectorais, que manteñen a sangue osixenada circulando ata que se poidan restablecer a respiración e as palpitacións cardíacas de forma efectiva.
Pódese presentar dano permanente no cerebro ou morte en cuestión de minutos se o fluxo sanguíneo se detén; polo tanto, é vital manter a circulación e aa respiración ata que chegue o persoal médico capacitado.
As técnicas de RCP varían lixeiramente dependendo da idade ou tamaño do pacente.
Ver tamén:
• RCP para nenos de 1 a 8 anos
• RCP para nenos menores de 1 ano
• RCP para persoas maiores de 8 anos

________________________________________
RCP en adultos

A RCP pode salvar vidas, pero as persoas que mellor a realizan son aquelas que recibiron entrenamento para tal fin nun curso acreditado. O tempo é moi importante cando se trata dunha persoa inconscente que non respira. A lesión cerebral permanente comeza despois de 4 minutos sen osíxeno e a morte pode ocurrir entre 4 e 6 minutos máis tarde.
Cando unha persoa inicia RCP antes de que chegue a axuda de emerxencia, a persoa ten unha posibilidade moito maior de sobrevivir. Non obstante, cando a maioría do persoal de emerxencia chega a un caso de paro cardíaco, xeralmente atópanse que naide está a realizar RCP.
As máquinas chamadas desfibriladores externos automáticos (AED, polas súas siglas en inglés) pódense atopar en moitos lugares públicos e están disponibles para uso caseiro. Estas máquinas teñen almofadas ou paletas para colocalas sobre o peito durante unha emerxencia potencialmente mortal. Ditas máquinas utilizan computadoras para revisar automáticamente o ritmo cardíaco e dar un choque súbito se éste se precisa para facer que o corazón recobre o seu ritmo correcto.

Causas
Nos adultos, as principais razóns para que os latidos do corazón e a respiración se deteñan inclúen cardiopatía, lesións e accidentes, sangrado excesivo, sobredosis de drogas e sepsis (infección no torrente sanguíneo).

Síntomas
• Pérdida do coñecemento
• Paro respiratorio ou dificultade para respirar
• Ausencia de pulso

Primeiros auxilios

Os seguintes pasos básanse nas instruccións da American HeartAssociation (Asociación Americana do Corazón):
1. Verificar se hai resposta da persoa. Sacudila ou palmeala suavemente. Observar si se move ou fai algún ruido. Preguntarlle en voz alta.

2. Chamar ó 911 se non hai resposta. Pedir axuda e enviar a alguén a chamar ó 911. Se o socorrista está só, debe de chamar ó 911 e traer un desfibrilador externo automático ou AED (se hai dispoñibilidade de esta máquina), incluso se ten que deixar á persoa afectada.

3. Colocar á persoa coidadosamente boca arriba. Se existe posibilidade de que a persoa teña unha lesión na columna, dúas persoas deben movela para evitar torcerlle a cabeza e o pescozo.

4. Abrir a vía respiratoria. Levantar a barbilla con dous dedos. Ó mesmo tempo, inclinar a cabeza hacia atrás empuxando a frente hacia abaixo coa outra man.

5. Observar, escoitar e sentir se hai respiración. Poñer o oído cerca da nariz e boca da persoa. Observar se hai movemento do peito e sentir coa meixella se hai respiración.

6. Se a persoa non está respirando ou ten dificultade para respirar:

o Cubrir firmemente coa boca a boca da persona afectada
o Pechar a nariz apretando cos dedos
o Manter a barbilla levantada e a cabeza inclinada
o Dar 2 insuflacions boca a boca. Cada insuflación debe de durar alrededor dun segundo facer que o peito se levante.

7. Realizar compresións cardíacas ou pectorais:

o Colocar a base dunha man no esternón
o Colocar a base da outra man sobre a primeira man
o Ubicar o corpo directamente sobre as mans
o Aplicar 30 compresións, permitindo cada vez que o peito se levante completamente. Estas compresións deben efectuarse de maneira RÁPIDA e forte sen pausa. Contar as 30 compresións rápidamente: "1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, xa".

8. Dar 2 insuflaciones máis. O peito debe de elevarse.

9. Continuar a RCP (30 compresións cardíacas, seguidas de dúas insuflacións e logo repetir) ata que a persoa se recupere ou chegue axuda. Se hai disponibilidade dun AED para adultos, se debe utilizar o máis pronto posibél.
Se a persoa comeza a respirar de novo por sí misma, débeselle colocar en posición de recuperación, verificando periódicamente a respiración ata que chegue a axuda.

Non se debe:
• Se a persoa ten a respiración normal, tos ou movemento, NON se deben iniciar as compresións cardíacas, porque ou facelo pódese causar un paro cardíaco.
• A menos que o socorrista sea un profesional da saúde, NON debe verificar se hai pulso. Solo un profesional da saúde está entrenado apropiadamente para facer esto.

No hay comentarios: