martes, 5 de febrero de 2008

OSÍXENOTERAPIA


O obxectivo desta técnica é administrar osíxeno con fins terapeúticos para mellorar a capacidade respiratoria e previr as consecuencias da hipoxia.

Material:
-Mascarilla Venturi,cánula nasal ou sonda nasal.
-Toma central ou tanque portátil de osíxeno.
-Manómetro-caudalímetro con humidificador.
-Esparadrapo hipoalérxico.
-Lubricante.

Sistemas para a administración de osíxeno.

- Mascarilla facial:
Básase no efecto venturi.
O osíxeno pasa por un conducto moi estreito a gran presión, o que provoca un gran arrastre de aire q se mestura.
É a única na que se pode regular a concentración de osíxeno.
A cada concentración perténcelle un fluxo.

- Cáteter ou sonda nasal:
É o menos utilizado.
Sonda con punta roma multiperforada.
Só varía o fluxo.
Unha vez colocado queda na farinxe.

-Cánula nasal:
Colócase nas fosas nasales.
Só se pode regular o fluxo de osíxeno.
É o máis cómodo.

Técnica: debemos comunicarlle o proceso ó pacente buscando a súa colaboración e colocalo segundo a súa patoloxía(semisentado). Lavarémonos as mans, elexiremos o sistema adecuado ó prescrito, comprobando o nivel de auga do caudalímetro, conectaremos o sistema á toma central ou bombona, comprobaremos que o sistema funciona e que o osíxeno flúa correctamente.

Observacións: non se debe fumar, nin prender lume cando se están utilizando estos sistemas ou cerca das bombonas portátiles. Se o enfermo ten sonda ou cánula nasal, vixilar que o enfermo respire pola nariz.

Complicacións: o osíxeno pode ser tóxico en altas concentracións, manifestándose nestos casos por :
-irritación das mucosas.
-tos seca.
-naúseas.
-dor torácico.
*En recén nacidos pode provocar cegueira. Precaución en pacentes con EPOC de que o osíxeno s manteña a baixa concentración, xa que si estivera alta, o centro respiratorio deprimiríase.

No hay comentarios: