miércoles, 23 de enero de 2008

RADIOTERAPIA E QUIMIOTERAPIA

- A quimioterapia e a radioterapia son dous tratamentos máis frecuentes contra o cancro. Empléanse, segundo o caso, por separado, un a continuación do outro, ou xuntos.


A radioterapia é o uso médico das radiacións. En esencia, a radiación ven a ser un raio de enerxía que cruza o noso organismo de parte a parte. No seu traxecto a través do corpo, a radiación transmite parte da súa enerxía o ADN das células, producíndolle danos irreversíbels que terminan matando ás células tanto normais como cancerosas.
Hai que ter en conta que, a radioterapia mata moitas máis células enfermas que normais por dous motivos:
-as células malignas multiplícanse con gran rapidez, precisan máis ADN, polo que son máis sensibles ás radiacións.
-os oncólogos emplean dous raios ou máis de radiación, calculados para cruzarse onde se localiza o tumor. Nese punto, a potencia dos raIos se suma e o efecto da radiación é máximo.
Aínda que nalgúns casos irrádiase todo o corpo, case sempre se usa sobre un punto concreto do organismo.


A quimioterapia non é un aparato como a radioterapia, senón un conxunto de medicamentos que destrúen ás células que se dividen con rapidez, como as cancerosas.
A quimioterapia é un tratamento xeral, chega a todos os rincóns do organismo, por isto tamén os seus efectos adversos son moito máis diversos.
A forma máis común de administrala é a intravenosa mediante un sistema de goteo, pero tamén existen pastillas. Normalmente adminístrase máis dun medicamento, dous ou máis mesturados, por ejemplo: ‘FAC’, quere decir que se lle administra: fluorouracilo, adriamicina e ciclofosfamida.

Información procedente de: http://todoenfermeria.iespana.es/tecnicas/tecnicas.htm

No hay comentarios: