E. DE B. - Madrid - 09/02/2008
Os estudos de enfermería durarán catro anos -en lugar dos tres actuais- ós que haberá que engadir outros tres de especialización. Con isto, o Goberno satisfai a petición das escolas de enfermería, que afirman que así se recoñecerá a súa labor e reforzarase o seu papel (ademais de sentar a base para peticións salariais no mundo da sanidade pública). En España hai máis de 230.000 enfermeiros.
Pero a decisión do Ministerio de Educación deixou en evidencia a situación na que quedan outros grupos profesionais, como os auxiliares de enfermería -uns 100.000-, que ante a próxima reorganización das carreiras quererán tamén un cambio de categoría.
Tamén se queixan os técnicos sanitarios (20.000), que lembran que o ministro de Sanidade, Bernat Soria, defendía crear licenciaturas das súas especialidades cando era decano da Universidade Miguel Hernández de Alicante.



2 comentarios:
Unha información moi interesante e contada con eficacia e axilidade gramatical. Noraboa!
Bolonia convennos a todos os enfermeiros; visita o meu novo blog en enfermeriagalicia.blogspot.com
Publicar un comentario en la entrada